sábado, 2 de setembro de 2017

THE ULTRAGRÁFICO RESURRECTION



Rosanegra e Cruz Martinez, da Galiza, enviam por e-mail
Chus Pato, Xabier Vila Coia, Mute, Novoa, Minux, Vento Morteira, Ro Palomera, José Manuel Barbosa, Claudio Rodríguez Fer, Artur Alonso, Mauro Trastoy, Barbaro Mahony, Rebeca Baceiredo, Roi Ferreiro, Lois Gil Magariños, Umma Gumma, Paulo Hortak, Adriana Pérez, Xiroca, JM Bouzas, Rafa Becerra, Xosé Vilamoure, Virgílio Liquito, Rosendo Cid, Ad Hoc, Cruz Martínez, Julio Fernández Peláez, Rosa Negra, Manolo Figueiras, Alí Ben Teu Pai e Cosega. Foron os e as colaboradoras da primeira etapa do blogo ULTRAGRÁFICO (http://ultragrafico.expoplanetarium.net) que morreu en novembro do 2015. Agora pretende resucitar, non sabemos se o conseguirá ou non pero hai que tentalo non vaia ser…

Lembrade que está aberto a todo tipo de colaboracións artísticas, literarias… Poemas, artigos (políticos ou de decoración de interiores..), imaxes, audios, vídeos e a todo tipo de idiomas, linguas, dialectos mais é un blogo galego da Galiza por estar situados no sitio onde estamos sitiados.

O que si as colaboracións pasarán polo noso aromático filtro de amor. Podédelas e debédelas enviar a: planetarium@expoplanetarium.net

Para ir resucitando e abrindo boca e soltar o mal alento colocamos dúas colaboracións: Unha de Xoan Carlos Rodríguez, PONTE HAIKU  e outra de Minux co título de ERRO DIARIO.

Xa sabedes agora toca colaborar (insistimos) e expandir a idea de que máis alá está ultragráfico e máis acó tamén o pode estar. Saúde e coidado coas arañas!




INÍCIO 

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...